InicioSociedadeO vendedor da ONCE que repartiu sorte no polígono do Ceao con...

O vendedor da ONCE que repartiu sorte no polígono do Ceao con 350.000 euros en premios

O sorteo do Cupón Diario deixou dez boletos agraciados neste parque empresarial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sorteo do Cupón Diario da ONCE do pasado luns, día 7 de decembro, repartiu 350.000 euros en premios no polígono do Ceao. Foron dez cupóns premiados ás cinco cifras con 35.000 euros cada un.

Nun comunicado, a ONCE explicou que o vendedor Ángel Carballo Coira foi quen repartiu a sorte entre os seus clientes da súa ruta polo polígono industrial. Este home de 56 anos leva catro como vendedor de produtos de xogo do ONCE, dous deles no Ceao, tras sufrir unha enfermidade física discapacitante que o obrigou a abandonar o seu anterior traballo no sector da construción e o metal.

Ángel Carballo mostrouse contento por repartir sorte entre a súa fiel clientela. Natural de Begonte, leva practicamente toda a súa vida vivindo en Lugo, onde naceron tamén as súas dúas fillas.

O Cupón Diario do ONCE ofrece, por 1’5 euros, 55 premios de 35.000 euros ao cinco cifras

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...