InicioSociedadeEstabilízanse os contaxios en Lugo, que tamén rexistra menos casos activos

Estabilízanse os contaxios en Lugo, que tamén rexistra menos casos activos

Hai 31 persoas hospitalizadas, das cales só unha permanece na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segue baixando o total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo: son 771, 17 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este luns 7 de decembro. Os casos diarios mantéñense estables, ao confirmarse 28 novos positivos por PCR nas últimas 24 horas, un menos ca o domingo.

Así mesmo, a presión asistencial volve minguar, ao constar 31 hospitalizacións (dúas menos ca onte). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende un paciente na UCI (=) e 24 en planta; o da Mariñatres; e o de Monforte, outros tres.

No histórico da provincia, contabilízanse 133 vítimas mortais da pandemia. A última foi unha muller de 95 anos que faleceu no HULA.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.579 pacientes (déronse 35 altas dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 107.103 PCR.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...