InicioSociedadeAs máquinas traballan intensamente en máis de 120 estradas para limpar o...

As máquinas traballan intensamente en máis de 120 estradas para limpar o xeo e a neve

Hai 19 concellos da provincia moi afectados pola intensa nevarada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo activou o dispositivo de inverno e traballa en máis de 120 estradas de 19 concellos da provincia para despexar o xeo e a neve na primeira onda de frío da tempada.

Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da institución provincial, a deputada Pilar García Porto explicou que operarios traballan das 7,00 horas da mañá deste venres para garantir a circulación nestas vías.

García Porto concretou que se traballa “en máis de 120” estradas de 19 concellos da provincia de Lugo, sobre todo na montaña, “a Chaira (Terra Chá) e o sur da provincia que é onde xurdiron os principais problemas”.

“Nesas vías está a transitarse con dificultades, porque hai intensas nevadas. Nas últimas horas acumulouse, nalgún punto unha cantidade importante de neve de entre 10 e 15 centímetros de grosor, o que dificulta moito a circulación de vehículos e a maiores temos placas de xeo nalgunhas zonas”, pormenorizou.

A pesar deste escenario de choiva e neve, Pilar García Porto sinalou que, polo momento, “non hai ningunha estrada pechada ao tráfico“. Con todo, recomendou que todo o mundo circule coa “precaución necesaria e extremando os coidados na estrada”.

Os concellos afectados son: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita, Ribeira de Piquín, Quiroga, Ribas do Sil, O Incio, Samos, Tricastela, Muras, Vilalba, Ourol e Taboada.

En total, no operativo traballan “96 persoas, con vinte maquinas quitaneves que ademais contan con salero, 16 PIKs UPs, a maiores de 12 vehículos todo terreo”. Os 12 silos de sal da deputación “están preparados con 35 toneladas cada un, para desfacer as placas de xeo importantes que se formaron”, detallou Porto.

OUTROS ASUNTOS

A portavoz socialista deu conta tamén da aprobación, na xunta de goberno, “dun encargo á empresa pública Tragsa, que é medio propio da deputación, para a limpeza dos edificios e dependencias provinciais”.

O servizo é por “un período de seis meses, que vai de mediados de decembro a mediados de xuño do próximo ano por un importe de 447.737 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...

Cinco detidos por subtraer un vehículo e por dous roubos con forza en Negreira e Lugo

A Garda Civil informou da detención de cinco persoas como presuntos autores de dous...