InicioSociedadeUnha pelexa entre dous menores por mor dun suposto insulto racista acaba...

Unha pelexa entre dous menores por mor dun suposto insulto racista acaba na Fiscalía

As familias dos implicados cruzáronse denuncias logo de que os rapaces se enlearan ás portas do CEIP Luis Pimentel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Unha pelexa entre dous menores, un de orixe alxerina e o outro venezolano, por mor dun suposto insulto racista proferido polo adolescente suramericano, acabou con denuncias cruzadas por parte dos pais de ambos e coas dilixencias correspondentes en mans da Fiscalía de Menores.

Segundo informaron a EFE fontes do Corpo Nacional de Polícia, a pelexa entre os dous rapaces produciuse ás portas do CEIP Luís Pimentel, na zona da Piringalla, supostamente cando o menor venezolano lle chamou “mouro” ao outro. Ao esixirlle este explicacións, deulle unha labazada.

Ambos foron separados e evitouse que a disputa fose a máis, pero despois os pais de ambos adolescentes presentaron denuncias cruzadas ante o Corpo Nacional de Policía. Tras recoller o testemuño das persoas que alí estaban e de tomarlles declaración a ambos os implicados, as dilixencias quedaron en mans da Fiscalía de Menores de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...