InicioSociedadeAs luces de Nadal da cidade acenderanse "por sorpresa" para evitar aglomeracións

As luces de Nadal da cidade acenderanse “por sorpresa” para evitar aglomeracións

Aumentarase o investimento para que a iluminación chegue a máis rúas de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O alumeado de Nadal da cidade de Lugo acenderase “por sorpresa” este ano para evitar aglomeracións e cumprir cos protocolos sanitarios.

Este cambio confirmouno a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, que tamén indicou que este Nadal haberá máis rúas con iluminación ornamental. Ao non colocar as luces festivas durante o San Froilán, púidose incrementar o investimento nestas datas, explicou.

“Seguimos traballando para organizar actividades seguras neste Nadal, seguindo o camiño que fixo posible manter a actividade nos últimos meses”, engadiu, porque “a cultura é un ben de primeira necesidade do que viven moitas familias en Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...