InicioSociedadeLugo adxudica a obra de peonalización da Mosqueira, prevista para o 2021

Lugo adxudica a obra de peonalización da Mosqueira, prevista para o 2021

Hermanos Pico Yáñez é a empresa encargada de realizar as actuacións, cun prazo de oito meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo adxudicou o contrato para peonalizar A Mosqueira,  a zona da Rolda da Muralla que se corresponde coa parte máis emblemática do monumento Patrimonio da Humanidade. A obra foi adxudicada á empresa Hermanos Pico Yáñez, por un importe de 588.836 euros e un prazo de execución de oito meses.

O resultado dese proxecto será “unha praza multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de lecer”, que “respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista de arquitecto Eloy Maquieira”. O goberno municipal espera que as obras comecen nos primeiros meses de 2021.

“Este proxecto será o espello de como se pode humanizar a contorna do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos”, dixo o tenente de alcalde e responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...