A Área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou no día de hoxe o acto de acendido das luces de Nadal da Praza de Abastos, unha acción coa que se procura unha maior afluencia de xente a este espazo.
Segundo declarou a concelleira responsable, Cristina López, “co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que venden as praceiras e praceiros”. O apoio ao comercio local é “moito máis importante este ano” se cabe.
Cristina López agradeceu a todas as praceiras e praceiros “a súa implicación e colaboración durante os días máis duros do confinamento, onde puxemos en marcha servizos como a compra pre encarga ou o reparto a domicilio”. A edil de Participación destacou que “na Praza e no Mercado temos a posibilidade de adquirir produtos de calidade e desfrutar da atención personalizada dos distintos comerciantes nun entorno privilexiado do centro da cidade”.
Non parece un momento moi axeitado para “procurar unha maior afluencia de xente” en ningún espazo. Hai que afrontar a realidade e non meterse en sitios se non é imprescindible. Un pouco de sentidiño.