InicioSociedadeComeza o xuízo do caso Carioca contra o propietario do Club Eros

Comeza o xuízo do caso Carioca contra o propietario do Club Eros

A Fiscalía pide 26 anos de cárcere por contactar con mulleres estranxeiras ás que lles pagaba a viaxe a España para logo obrigalas a prostituírse e a vivir en condicións pésimas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  Comeza esta mañá na Audiencia Provincial de Lugo o xuízo dunha das pezas separadas da Operación Carioca, en concreto a relativa ao sucedido no Club Eros. O Ministerio Fiscal pide para o propietario deste local, M.G.A., unha pena de 26 anos de cárcere polos delitos de inmigración ilegal, prostitución, contra os dereitos dos traballadores e tenencia ilícita de armas.

O xuízo que comeza hoxe prolongarase ata o venres desta semana, 13 de novembro, e está previsto que continúe os días 16 e 18 da próxima.

Segundo o escrito de acusación, o administrador e propietario do club Eros contactaba con mulleres estranxeiras en situación económica moi precaria e pagáballes a viaxe a España, onde as obrigaba a prostituírse nos seus locais. Por iso, o ministerio público tamén pide que o acusado abone indemnizacións de entre 3.000 e 4.000 euros ás cinco mulleres que figuran neste proceso como testemuñas protexidas.

Os feitos que serán xulgados remóntanse ao período comprendido entre os anos 2006 e 2009. O fiscal mantén que as mulleres obrigadas a prostituírse soportaban unhas condicións moi duras, dado que “carecían de calquera dereito inherente á actividade laboral, ao non ter contrato de traballo, nin seguros médicos. Descansaban unicamente un día á semana” e “en caso de chegar tarde ou de ausencia”, impoñíaselles “unha multa”.

“Durante a menstruación” podían descansar “tres ou catro” xornadas, pero “o resto de días” víanse obrigadas a traballar”, para o que utilizaban “se era necesario, esponxas vaxinais que vendían no club”.

Ademais, durante a entrada e rexistro no club Eros e no domicilio do acusado, decretada o 16 de outubro de 2009 por Xulgado de Instrución número 1, foron achadas por parte dos axentes encargados da operación dúas pistolas con munición.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...