InicioSociedadeGuntín, en alerta laranxa pola incidencia do virus xunto a Palas de...

Guntín, en alerta laranxa pola incidencia do virus xunto a Palas de Rei e Chantada

Lugo capital, Cervo, Burela, Viveiro e Monforte seguen en alerta vermella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A listaxe de concellos lucenses en alerta vermella por incidencia de coronavirus non presenta cambios neste venres 6 de novembro. Lugo, Viveiro, Cervo, Burela e Monforte son os municipios que continúan co nivel 3. Porén, Guntín súmase a Palas de Rei e Chantada como os concellos da provincia en alerta laranxa.

Segundo o mapa de cores ofrecido pola Xunta, Guntín entraría nese grupo de municipios en nivel 2 de alerta; isto é, aqueles nos que se confirmaron por PCR entre 14 e 21 casos novos durante os últimos sete días. 

ALERTA AMARELA

Mentres, hai outra decena de concellos lucenses que se atopan en nivel amarelo ou nivel de alerta 1 (entre 7 e 14 casos na última semana). Seguen Xove, Foz, Outeiro de Rei, Monterroso, A Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro, e incorpóranse O Valadouro, Vilalba, Cospeito e Bóveda.

O resto de municipios da provincia continúan sen alerta ao rexistrar menos de sete casos na pasada semana.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...