InicioSociedadeLugo, Monforte, Burela e Viveiro: os concellos da provincia afectados polos novos...

Lugo, Monforte, Burela e Viveiro: os concellos da provincia afectados polos novos peches

A Xunta ordena o confinamento perimetral de 60 municipios galegos e limita as actividades non esenciais. Os locais de hostalaría non poderán abrir dende o venres 6, día no que entran en vigor estas medidas previstas para un mes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou un endurecemento das restricións pola pandemia nas sete cidades e noutros 53 concellos. Galicia prevé o confinamento perimetral destes municipios e  o peche das actividades non esenciais. O comercio seguirá funcionando, pero a hostalaría non poderá abrir dende este venres ás 15:00, momento no que entran en vigor estas medidas, en principio con vixencia durante un mes. Na provincia de Lugo, os municipios afectados son Lugo capital, Burela, Viveiro e Monforte.

Así o vén de anunciar Feijóo nunha comparecencia ante os medios para informar das medidas acordadas polo comité clínico e que afectarán a un “60% da poboación galega”. Os peches perimetrais amplíanse a máis municipios da contorna das grandes cidades e en todas as zonas confinadas as reunións entre non conviventes estarán prohibidas.

As restricións limitan tamén a práctica do deporte, que só poderá realizarse de maneira individual, ou o aforo nas actividades culturais. Con todo, non afectan ao desprazamento por motivos laborais, educativos ou sanitarios, que seguirán estando permitidos. Á súa vez, polo momento mantense o toque de queda entre as 23:00 e as 06:00 horas.

Estas decisións tomáronse, dixo o presidente, co fin de “evitar o confinamento domiciliario” ademais dun maior “estrés hospitalario”. Trátase tamén, engadiu, de “salvar a campaña de Nadal”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...