Home Lugo e contorna Lugo Localizan en Paquistán un menor que non se incorporara ao seu centro educativo en Lugo

Localizan en Paquistán un menor que non se incorporara ao seu centro educativo en Lugo

0
Localizan en Paquistán un menor que non se incorporara ao seu centro educativo en Lugo
Efectivos da Policía Local / CLM24

A Policía Local de Lugo localizou en Paquistán un menor coa súa familia tras recibir un aviso para a súa localización ao non incorporarse ao seu centro educativo no municipio.

Segundo informou a Policía Local, foron os Servizos Sociais municipais os que solicitaron a localización deste rapaz, cuxa residencia xa non se atopaba en Lugo, tal como se comprobou máis tarde. A Unidade Territorial de Policía de Barrio localizou o pai do mozo a través das redes sociais e este explicoulles que, a consecuencia da crise sanitaria e económica da Covid-19, decidiran trasladarse a Paquistán.

Así mesmo, indicou que o seu fillo e o resto da familia atopábanse “en bo estado” e facilitou un teléfono de contacto para que os Servizos Sociais do Concello de Lugo “se puxesen en contacto con el cando quixesen e así falar directamente co menor para comprobar que se atopaba ben”, engadiu a Policía Local.

+ posts