InicioSociedadeO Concello de Lugo pide "responsabilidade" e cancela todas as actividades previstas...

O Concello de Lugo pide “responsabilidade” e cancela todas as actividades previstas para os próximos días

Di que hai que dobregar a curva de contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este venres que o Concello cancela “todas as actividades previstas” para os próximos días, especialmente as relacionadas coa celebración do Samaín durante o fin de semana.

Trasladouno inmediatamente despois que a Xunta ordenase o peche perimetral das cidades galegas pola mala evolución da pandemia, e restricións ás reunións unicamente a persoas convivientes nestes municipios, incluído o de Lugo.

“O Concello vai pór a disposición todos os instrumentos para colaborar na contención da pandemia, nun momento complicado onde vemos que as cifras de incidencia acumulada en sete días aumentou nas sete grandes cidades”, sinalou. Méndez apelou a que é “responsabilidade” de todas as administracións, e igualmente da “cidadanía” contribuír a dobregar a curva de contaxios. Así, Insistiu na concienciación social e na implicación individual” e ha apelao a “ser absolutamente rigorosos coas pautas que establecen as autoridades sanitarias”.

MAN TENDIDA AO GOBERNO

Dito isto, ratificou que se “cancelarán todas as actividades que o concello tiña previsto para estes días, de forma especial o fin de semana coincidindo co Samaín”. “Quedan canceladas todas as actuacións previstas polo Concello á espera de como vai evolucionando isto”, subliñou.

A alcaldesa de Lugo volveu a tender “a man ao Goberno galego” para frear a expansión do coronavirus, á vez que empraza a esperar ao que decidan as autoridades sanitarias a partir do próximo mércores, si se “alixeiran ou incrementan” as restricións, en que está prevista unha nova reunión do comité clínico, mentres tanto recomenda “precaución e cautela”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...