InicioSociedadeOs alcaldes de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra convocados por Sanidade para...

Os alcaldes de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra convocados por Sanidade para o xoves

Estes encontros se enmarcan na rolda de reunións que Sanidade está a manter cos rexedores de municipios cunha especial incidencia do virus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade convocou para este xoves reunións bilaterais cos alcaldes das cidades de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra, ante a evolución da pandemia de COVID nestes municipios, que se atopan en nivel de alerta 3 pola incidencia e o aumento de contaxios nos últimos 14 días.

Fontes de Sanidade confirmaron a celebración destas reunións telemáticas entre os rexedores e o conselleiro de Sanidade, e precisaron que, aínda que estes municipios non teñan restricións adicionais ás que xa afectan a toda a comunidade, “preocupa” a evolución da pandemia que presentan (o tres están coloreados en vermello no mapa-semáforo de incidencia que publica o Sergas).

As mesmas fontes sinalaron que estes encontros se enmarcan na rolda de reunións que Sanidade está a manter cos rexedores de municipios cunha especial incidencia do virus. De feito, este mércores houbo unha reunión telemática entre os alcaldes de Santiago (Xosé Sánchez Bugallo), Teo (Rafael Sisto) e Ames (José Manuel Miñones), e o secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fontes.

Neste caso, o tres concellos atópanse en nivel de alerta 3 (coloreados en vermello no mapa de incidencia) e, ademais, Santiago e O Milladoiro, en Ames, teñen restricións adicionais (non se permiten as reunións de non convivientes, e está restrinxido o uso do interior de cafetarías e bares).

En Vigo, o rexedor, Abel Caballero, informou en rolda de prensa de que abordará co conselleiro a situación da cidade, tras coñecer que a taxa de incidencia por 100.000 habitantes nas dúas últimas semanas chegou a 220,7, e pediu que se manteña esta “boa vía de cooperación” coa administración galega, tras semanas denunciando a falta de información concreta por parte de Sanidade.

Así, o rexedor olívico espera coñecer a taxa de positivos en relación co número de probas PCR e reclamará os datos de contagios diarios. Así mesmo, reiterou, trasladaralle ao conselleiro a necesidade de “duplicar” o número de probas (ata 2.500-3.000 diarias) e de rastreadores, e de reforzar a Atención Primaria en Vigo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...