InicioLugo e contornaLugoPilar de Lara confía en incorporarse a final de ano ou principios...

Pilar de Lara confía en incorporarse a final de ano ou principios de 2021 en Ponferrada

Admite que o tempo no que se prolongou o seu castigo supúxolle "case unha cadea perpetua" e sinalou que está "contenta a medias".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza Pilar de Lara confía en incorporarse ao Xulgado número 8 de Ponferrada a finais deste ano ou principios do próximo 2021, logo dos sete meses e un día nos que permaneceu apartada do Xulgado número un de Lugo, tras o castigo do Consello Xeral do Poder Xudicial por dilacións indebidas.

A xuíza, que levou investigacións como a Operación Carioca sobre redes de prostitución en Lugo e outros operativos sobre corrupción política como a Operación Pokemon, admitiu que o tempo no que se prolongou o seu castigo supúxolle “case unha cadea perpetua” e sinalou que está “contenta a medias”.

“Un ten que ter os pés na terra e darse conta que eu non me vou voluntariamente porque queira marchar, senón que eu voume sancionada por un expediente disciplinario e trasládanme (de Lugo) forzosa”, remarcou.

“Desde ese punto de vista, sería un pouco inxenuo dicir que estou satisfeita, aínda que dentro das distintas posibilidades que tiña, xa me facía en Cataluña que, por outra banda era un destino que me gustaba, xa comentei noutras ocasións que teño bos amigos aí. Pero agora teño que valorar a proximidade (desde Ponferrada) a Galicia onde continúa estudando a miña filla (Santiago de Compostela) e Asturias onde temos o noso domicilio habitual”, dixo.

NOVO DESTINO

En canto ao seu novo xulgado, o número 8 de Ponferrada, precisou que se trata de “un xulgado mixto que leva civil e instrución”. “Por ese motivo creo que probablemente quedase vacante porque cando son prazas de traslado entre maxistrados a xente busca a comodidade e sobre todo capitais de provincia. Os xulgados mixtos teñen moita máis carga de traballo”, resumiu.

ÚLTIMAS

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...

Condenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade por traficar con drogas

A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao rexente dun bar da capital a catro anos de...

Besteiro critica o financiamento público para o proxecto de Altri: “Non vai ter moita saída”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou o seu rexeitamento firme ao...

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...