InicioSociedadeA residencia DomusVi Lugo segue rexistrando novos contaxios e novas mortes

A residencia DomusVi Lugo segue rexistrando novos contaxios e novas mortes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os usuarios de residencias con Covid-19 aumentaron a 320 este luns tras detectarse catro novos positivos e dous falecementos, un deles na residencia de Outeiro de Rei.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Política Social, detectáronse, ademais, tres novos positivos na residencia de maiores DomusVi Lugo en Outeiro de Rei, que suma 131 usuarios contaxiados; así como outro na residencia das Salinas de Ourense, con 14 casos.

Deste xeito, a residencia DomusVi Lugo de Outeiro de Rei suma 131 casos positivos; a do Incio, 57; a Residencia Nosa Señora do Viso de Lobeiro, 46; a Ballsesol de Oleiros, 33; o Fogar Residencial El Pinar (Culleredo), 21; a das Salinas (Ourense) rexistra 14; a Residencia Santa Marta de Vigo, 13; dous na residencia DomusVi Lalín e un en cada unha das residencias Torrente Ballester da Coruña, Residencia Arteixo e Residencia El Pilar.

En canto aos traballadores afectados en residencias mantéñense en 119 como a xornada anterior. O persoal con máis contaxios é a da residencia do Incio, con 35 empregados con PCR positiva, e a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, con 24. Seguen a estes a de Nosa Señora do Viso (14), El PInar de Culleredo (7), As Salinas de Ourense (4) e Santa Marta de Vigo (3).

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...