InicioSociedadeÚltimos días para optar a un dos 14 postos de traballo do...

Últimos días para optar a un dos 14 postos de traballo do programa Prende

A oferta está orientada á poboación de entre 16 e 30 anos dos concellos menos poboados da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aberto o prazo para apuntarse ós 14 postos de traballo do programa “Prende!”. A oferta laboral, realizada pola Deputación de Lugo, permanecerá vixente ata o vindeiro venres 2 de outubro. Os requerimentos para entrar á proba de selección son diversos: por unha banda, os interesados deben contar con entre 16 e 30. Á parte, deben estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e, ademais, empadroados nos 58 concellos con menos poboación.

Esta última condición vén definida pola natureza do Programa “Prende!”, articulado polo órgano provincial co obxectivo de fixar poboación en aqueles Concellos onde o ritmo de declive demográfico é maior. Segundo destacan dende o órgano provincial, os perfís profesionais que buscan as empresas beneficiarias do plan son os seguintes: 1 peón forestal, 2 axudantes de camareiro/a, 1 fontaneiro/a, 4 peóns de gandería, 2 camareiro e 1 administrativo, 1 peón agrícola, 1 bodegueiro/a e 1 oficial de gandería.

AS EMPRESAS SELECCIONAN

Unha vez que remate o prazo de inscrición, a Deputación procederá a facer unha preselección dos perfís que mellor se adapten ás ofertas de traballo, para que, finalmente, sexan as empresas as que seleccionen as persoas contratadas. “Poden inscribirse todas as persoas que cumpran cos requisitos, aínda que terán prioridade os participantes na primeira fase do programa Prende!”, apunta a Deputación.

O Prende! conta con dúas fases. Na primeira, xa rematada, medio cento de mozos e mozas recibiron formación en catro actividades profesionais cun importante peso no tecido produtivo da provincia e que contan cun gran potencial de crecemento: enerxías renovables, hostalería e turismo, xestión forestal e agricultura e gandería.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...