InicioSociedadeDenunciado un polbeiro por negarse a tapar o nariz coa máscara mentres...

Denunciado un polbeiro por negarse a tapar o nariz coa máscara mentres cortaba e servía o polbo

Tamén foi denunciado un individuo ebrio por camiñar pola rúa sen máscara en Lugo e fumar á beira dos axentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou durante o fin de semana a media ducia de persoas por non facer uso da máscara no marco das medidas establecidas pola crise sanitaria da Covid-19, entre elas un individuo que camiñaba ebrio pola rúa e que se puxo a fumar a escasa distancia dos axentes que o interceptaron.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 15,15 horas do pasado domingo día 27 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu a un establecemento de hostalaría na rúa Río Sil porque unha persoa que cortaba polbo e o servía non levaba máscara, indicou a Policía Local.

Os axentes comprobaron que o traballador realizaba o seu traballo coa máscara “indebidamente colocada”, xa que a tiña por baixo do nariz, polo que foi requirido para que a colocase adecuadamente, pero negouse inicialmente a iso, polo que foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

OUTRAS DENUNCIAS

Por outra banda, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de lugo detectou na Avenida de Ramón Ferreiro sobre as 23,45 horas do día 15 de setembro a un home que camiñaba pola rúa sen facer uso da máscara de protección.

Os axentes indicáronlle que a puxera, pero fixo caso omiso, relataron as mesmas fontes, e, ademais, “púxose a fumar a escasa distancia dos axentes”, destacaron as mesmas fontes. Rsta persoa, indicou a Policía, manifestou que superara a Covid e que non había “que ter medo”, ademais de presentar “signos de embriaguez”, polo que tivo que ser suxeitado polos axentes “xa que perdía a verticalidade”, engadiu.

Por iso, requiriuse a presenza dunha ambulancia do 061 e, ao chegar ao lugar os técnicos sanitarios, este individuo comezou a mostrarse “moi agresivo”, polo que, para facilitar o seu traslado a un centro médico, foi necesario que os axentes o inmobilizasen e introducisen na ambulancia. Por todo iso, abríuselle expediente sancionador por infracción da Lei de Saúde de Galicia por non facer uso da máscara e por fumar sen respectar a distancia de seguridade.

Ademais, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron un dispositivo especial para o control do cumprimento das medidas de prevención establecidas pola Consellería de Sanidade pola Covid-19 no marco do que tramitaron tres actas denuncia na Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes, ao sorprender a tres mozos que non facían uso da máscara de protección.

Tamén a Policía Local tramitou dúas actas por infracción a outras tantas persoas que estaban na Praza da Milagrosa e na Rúa Laverca sen facer uso da máscara. No primeiro caso, puntualizaron as mesmas fontes policiais, a persoa, a pesar de levala na man, negábase a colocala.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...