Home Sociedade Baixan en seis o número de persoas hospitalizadas por COVID na área de Lugo

Baixan en seis o número de persoas hospitalizadas por COVID na área de Lugo

0
Baixan en seis o número de persoas hospitalizadas por COVID na área de Lugo
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | LX

A área sanitaria de Lugo rexistra un total de 39 persoas hospitalizadas, o que significa seis persoas menos.

Delas, sete están na UCI do Hospital Lucus Augusti (HULA). Dos 32 que están en planta, 28 están no HULA e catro no Polusa, mentres que os hospitais da Mariña e Monforte de Lemos non contan con pacientes con COVID.

Os pacientes con COVID-19 hospitalizados en Galicia baixaron en dez nas últimas 24 horas, ata os 231 en total, cinco menos que o sábado. Tamén descenden as persoas diagnosticadas con coronavirus nas unidades de coidados intensivos (UCI), que se sitúan en 34, unha menos que hai 24 horas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here