InicioSociedadeO alcalde de Portomarín sobre a problemática dos alumnos do concello: "Non...

O alcalde de Portomarín sobre a problemática dos alumnos do concello: “Non é tan dramática”

Juan Serrano quere que sexa a deputación e non a Xunta a que sufrague o transporte de estudantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano (PP), restou importancia a problemática que teñen varias familias que se queixan de que os seus fillos non dispoñen de transporte escolar para ir a Lugo. Así, comprometeuse a abonar o transporte destes seis alumnos de bacharelato que se teñen que trasladar a Lugo –ao IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes— a condición de que tamén comparta este gasto a Deputación de Lugo.

O rexedor retou ao goberno provincial a que “cre unha liña de axudas ao transporte para estes pais” e afirmou que “o mesmo que poña a Deputación, pono o concello”.

Os alumnos afectados teñen as clases pola tarde, de luns a venres, e os seus pais protestan porque non dispoñen dun transporte a Lugo axustado aos horarios do IES, que van desde as 15,30 ata as 21,20 horas.

No entanto, Juan Serrano restou gravidade á cuestión e apelou a que “a situación non é tan dramática”, lembrando que se trata de estudantes que “están fóra do ensino obrigatorio”.

“Un taxi custa 27 euros a Portomarín, supoño que se dis que vas todos os días no canto de 27 euros, poden ser 25 e, se dividimos entre seis alumnos, sairía entre catro ou cinco euros e dous xa o pagan no autobús”, dixo. “Se a Deputación pon algo, o concello tamén e arranxamos o problema destes pais”, subscribiu.

Doutra banda, e ante a adxudicación de 13 “apartamentos tutelados” para maiores que este venres aprobará a Deputación de Lugo en xunta de goberno, Serrano afeou que este é “un proxecto que pasou por tres presidentes da Deputación” (Gómez Besteiro, Darío Campos e José Tomé).

ÚLTIMAS

Bye, Bye X, Lugo Xornal deixa esta rede social pola desinformación

Lugo Xornal, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La...

Xorde unha petición en chance.org para que o Auditorio de Lugo leve o nome de “Fuxan os Ventos”

"Como habitante de Lugo, é importante para min que se valorice e se recoñeza...

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web...

A xustiza recoñece o plus de nocturnidade a unha xerocultora dunha residencia en Castro Ribeiras de Lea

O Xulgado do social número 1 de Lugo recoñeceu o dereito dunha gerocultora da...