InicioSociedadeA provincia de Lugo segue rexistrando unha baixada no número de contaxio,...

A provincia de Lugo segue rexistrando unha baixada no número de contaxio, a pesar de aumentar as mortes

Hai un descenso de 19 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou en 24 horas un total de 223 novos positivos por coronavirus, o que supón un descenso nos contaxios con respecto aos últimos días e, máis concretamente, unha importante baixada en relación ao sábado, cando se notificaron 281. Con todo, o número de casos activos subiu este domingo en cinco do sete áreas sanitarias galegas. Baixaron, pola contra, na provincia de Lugo.

Segundo o parte diario facilitado pola Consellería de Sanidade, elaborado con datos de última hora do sábado, as persoas curadas subiron ata as 16.758, o que implica que se deu de alta a outros 233 pacientes de COVID-19. En canto aos falecementos, nas últimas 24 horas producíronse outras cinco e o total de vítimas da pandemia ascendeu a 715.

Así, os casos activos de COVID-19 –é dicir, o número de persoas que contan coa enfermidade– reportados este domingo descendeu en 15, polo que o total colócase en 4.350.

En concreto, os datos de Sanidade indican que cinco das sete áreas sanitarias da Comunidade rexistran unha subida no número de casos activos. A que máis crece é a de Ourense, con 527 persoas contaxiadas –18 máis que este sábado–. Tamén ascenden os casos activos en Pontevedra-O Salnés, ata 658 (+7); Vigo, ata 440 (+9); Santiago, a 637 (+11); e Ferrol, ata o total de 184 (+13).

No lado oposto, a área da Coruña e Cee, que continúa acumulando o maior número de casos, baixa este domingo en 45 as persoas coa COVID-19 activa, ata 1.178. Así mesmo, caen na área sanitaria de Lugo, ata 726 (-18).

ÚLTIMAS

O PP reivindica a “paixón e o rigor” de Cacharro na política: “Hai que saber de onde vimos”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores "o legado de estabilidade, fiabilidade...

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...