InicioSociedadeA Xunta liga o fenómeno okupa á existencia "dun gran número de...

A Xunta liga o fenómeno okupa á existencia “dun gran número de vivendas baleiras” en Galicia

Pide man dura contra os okupas pero di que non ten competencias e que depende do Goberno central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángelez Vázquez, cre que a existencia dun “gran número de vivendas baleiras” en Galicia débese á preocupación por parte dos propietarios de que os seus inmobles sexan ocupados ilegalmente.

“A xente que ocupa unha vivenda non recorre á Xunta para que mobilicemos axudas. É xente que vai por libre”, engadiu Vázquez, despois de apuntar á existencia de “mafias” detrás das ocupacións de vivendas, á vez que alertou que “non todos” os que ocupan vivendas “son galegos”. “Debemos de frear que Galicia sexa ese lugar ao que veñan ocupar desde outros lugares”, avisou.

“Hai un gran número de vivendas baleiras en Galicia, pero por temor ao que poida ocorrer nun futuro, por temor a perder o fogar, por temor a atoparse ese fogar nunhas condicións que non sexan dignas. Ao final os propietarios se retraen e iso fai que non saia un ‘parking’ público de aluguer como deberiamos“, dixo Vázquez. Toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...