InicioLugo e contornaLugoUn novo morto por coronavirus no Polusa de Lugo

Un novo morto por coronavirus no Polusa de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo falecido confirmado nas últimas horas elevou o número de mortes por mor da COVID-19 a 673 en Galicia desde o comezo da pandemia. En concreto, segundo trasladaron desde a Consellería de Sanidade, trátase dun home de 73 anos que estaba ingresado no Hospital Polusa de Lugo e que presentaba patoloxías previas.

Este xoves tamén se informou do falecemento dunha muller de 78 anos con covid-19 que se atopaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

No día de onte notificáronse sete falecementos de persoas con covid-19, o que fai que fose a xornada con maior número de mortes comunicadas desde o mes de maio na Comunidade.

Desde o comezo da ‘nova normalidade’ o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 54 persoas, tras o falecemento dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...