InicioSociedadeLugo inicia a súa iluminación intelixente e eficiente

Lugo inicia a súa iluminación intelixente e eficiente

A metade dos equipos de telecontrol do proxecto 'Lugo Smart City' para a iluminación pública xa están instalados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo xa instalou 23 dos 47 equipos de telecontrol da rede de iluminación pública que pertencen a unha das experiencias piloto que se están desenvolvendo dentro do proxecto ‘Lugo Smart City’. Nun comunicado, a alcaldesa lucense, Lara Méndez, explica que os resultados recolleitos servirán para “implementar políticas de xestión máis sustentables e respectuosas seguindo o modelo de cidade verde”.

O obxectivo é monitorar e telexestionar os consumos para o desenvolvemento de sistemas máis eficientes. Nas próximas semanas, segundo detalla o consistorio da capital provincial, finalizará a instalación dos 47 equipos que compoñen o proxecto.

Unha vez en marcha, monitorizarán o consumo enerxético a través da medición de factores como a tensión en cada fase, a intensidade, frecuencia eléctrica ou a potencia. Ademais, tamén permitirá a detección de enganches ilegais ou problemas de subministración. Os dispositivos están situados na Campiña, na Rotonda Oeste, na estrada de Fonsagrada ou nas inmediacións do HULA, entre outros lugares da cidade.

Trátase dunha das actuacións contempladas no proxecto ‘Lugo Smart City’, orientado a mellorar a prestación de servizos públicos a través das novas tecnoloxías.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...