InicioSociedadePositivo por COVID un traballador de seguridade da Deputación

Positivo por COVID un traballador de seguridade da Deputación

O servizo de prevención da Deputación comunicou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) as medidas adoptadas pola institución provincial e solicitou “instrucións para proceder co persoal”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo de prevención da Deputación Provincial de Lugo informou este sábado dun positivo por covid-19 dun traballador de seguridade do Pazo de San Marcos, servizo adxudicado á empresa externa Ilunion Seguridade.

Desde o organismo provincial contactou a primeira hora da mañá coa empresa adxudicataria do contrato de seguridade, solicitándolle que retire do servizo de inmediato, este mesmo sábado, a todo o persoal da empresa que traballa no Pazo de San Marcos e que o substitúa por outros traballadores.

A empresa informou o servizo de prevención de que “está en disposición de facelo” e de que “someterá a probas PCR a todos os traballadores que estiveron a desenvolver o seu labor no edificio”.

A Deputación tamén encargou á empresa pública Tragsa, medio propio da institución, a “limpeza e desinfección específica” desde “esta mesma tarde” da totalidade das dependencias do Pazo de San Marcos e das zonas de acceso e traballo do Museo Provincial, ante a “posibilidade de contacto entre persoal de ambos os centros de traballo”, así como do das empresas de vixilancia e de limpeza, que prestan servizo nos dous centros.

O servizo de prevención da Deputación comunicou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) as medidas adoptadas pola institución provincial e solicitou “instrucións para proceder co persoal”.

Mediante esta comunicación, o Sergas, como primeira medida, trasladou a necesidade de que se poñan en contacto con eles aqueles traballadores que estivesen en contacto coa persoa afectada “por un período igual ou superior a 15 minutos” e sen uso de mascarillla.

Así mesmo, o Sergas trasladou que aplicarán os protocolos establecidos para este tipo situacións. Tamén se enviará unha comunicación a todas as xefaturas de servizo da Deputación de Lugo informando desta situación e das medidas adoptadas.

O organismo provincial manterá o seguimento da situación a través do servizo de prevención para minimizar o risco de contaxio.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...