InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo contratará 14 persoas nun dispositivo especial para o...

O Concello de Lugo contratará 14 persoas nun dispositivo especial para o inicio do curso

Cada centro público de infantil e primara contará cunha persoa a maiores no horario lectivo para labores de desinfección derivadas da COVID-19, que complementará a limpeza ordinaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo reforzará o dispositivo de limpeza nos centros públicos de infantil e primaria do municipio, como medida de protección fronte á COVID-19. Así o informou este venres o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, quen subliñou que detinarase unha partida de máis de 150.000 euros para reforzar este servizo e adaptalo ás esixencias derivadas da actual situación sanitaria, mediante a contratación de 14 profesionais “que se ocuparán da limpeza dos centros durante o horario lectivo, e complementando as labores que xa se viñan realizando ao rematar as clases”.

Deste xeito, o executivo de Lara Méndez ampliará o persoal de limpeza nos colexios. Durante a xornada de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, haberá unha persoa en cada centro que se encargará da hixiene e desinfección constante dos baños, as aulas e outros espazos e elementos de uso frecuente, ampliando en 15 horas semanais as labores de limpeza en cada centro. Nos colexios Illa Verde e Fingoi 2 será unha persoa a que se encargue de ditas tarefas ao atoparse contiguos e ser centros pequenos, pero se ampliará o horario de 9.30 a 13.30 horas (20 horas semanais).

Actualmente, os traballos de limpeza realizábanse unha vez rematadas as clases. Con esta medida, o Concello destaca nun comunicado que ampliará o servizo habitual para extremar as precaucións en materia de hixiene nun total de 15 colexios lucenses. Nas vindeiras semanas, enviarase unha carta aos directores dos centros para informalos desta medida, ao tempo que se lles ofrecerá a posibilidade de contar co servizo reforzado de limpeza no caso de organizar algunha actividade extraescolar nas súas instalacións, que terán que comunicar con suficiente antelación.

Por outra banda, o concelleiro lamentou “a total ausencia de coordinación por parte da Xunta de Galicia, xa que un protocolo serio e responsable de regreso ás aulas ten que ter en conta á comunidade educativa, pero tamén aos Gobernos locais”. Santos referiuse así ao documento elaborado polo goberno autonómico que “a día de hoxe carece de instrucións específicas para todas as incidencias” e apuntou que “a Xunta debería escoitar á comunidade educativa e atender as súas necesidades e inquedanzas”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...