InicioSociedadeO vento acada máis de 100 k/h en Viveiro, 97,1 k/h en...

O vento acada máis de 100 k/h en Viveiro, 97,1 k/h en Muras e 68,9 en Cervantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ‘tren de borrascas’ provocada polo chorro polar, que circula a latitudes máis baixas do normal e deixará ventos de máis de 80 quilómetros por hora, ondas de catro metros e choivas intensas en Galicia, o Cantábrico e noroeste de Castela e León, deixou na Comunidade galega nas primeiras horas deste mércores ventos de máis de 105 quilómetros por hora en Cedeira e 101 en Viveiro.

Segundo os rexistros publicados por Meteogalicia ata as 10,30 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os refachos de intensidade máxima das primeiras horas corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros.

En concreto, rexistráronse 105,4 quilómetros por hora ás 3,10 horas en Cedeira e 101,5 km/h ás 7,10 horas en Viveiro; mentres que en Vimianzo o vento alcanzou 92,5 km/h e 89,8 en Arteixo.

No que respecta á zona de montaña, o vento alcanzou refachos de 97,1 quilómetros por hora en Muras e 68,7 km/h en Cervantes, ambos os municipios da provincia de Lugo.

En canto ás choivas ata as 10,30 horas, deixaron cantidades acumuladas de 41,2 litros por metro cadrado en Lousame; 29 en Val do Dubra; e 26,8 en Santa Comba, todas elas localidades coruñesas.

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...

Arquivada a causa aberta contra o presidente de Castilla y León por unha entrada para ver ao Real Madrid

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Joaquín Brage, asinou este...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...