InicioSociedadePrimeira falecida pola Covid en Lugo logo de máis de dous meses...

Primeira falecida pola Covid en Lugo logo de máis de dous meses de tregua

Con todo, baixan os casos na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 83 anos que estaba enferma de COVID-19 faleceu no Hospital da Mariña na madrugada deste domingo, de acordo cos últimos datos da Consellería de Sanidade.

Este falecemento súmase ao dunha muller de 91 anos que morreu o venres no hospital de Ourense e que era unha das afectadas polo brote de Vilar de Barrio. Foi o primeiro falecemento en case dous meses en Galicia, posto que o anterior rexistrouse o 10 de xuño.

Co da muller falecida na Mariña, unha das infectadas no brote detectado a finais de xuño nesta comarca, son 621 o total de mortos causados pola pandemia en Galicia. Sanidade especificou que esta última vítima tiña patoloxías previas.

CASOS

Esta morte chega cando os casos activos de COVID-19 seguen subindo en Galicia, que acumula 17 xornadas á alza e roza xa os 600, após sumarse na xornada deste domingo outros 58, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade, que mostran que máis da metade das persoas que pasan actualmente pola enfermidade son da área sanitaria da Coruña. Curiosamente, Lugo é a única área sanitaria onde non soben os contaxiados.

A Comunidade rexistra 591 casos activos, 58 máis que na xornada do sábado, dos que 302 son da área da Coruña-Cee, que ten 56 casos máis que hai 24 horas.

Na comarca coruñesa constan actualmente dous brotes, o maior deles o relacionado cun ximnasio en Meicende, en Arteixo, e desde este sábado están vixentes restricións como o peche das residencias. Na Coruña e os concellos máis próximos as medidas son máis estritas e implican o peche do lecer nocturno, entre outras cuestións.Morre unha muller infectada no foco da Mariña, aínda que baixan os casos na provincia

Á área da Coruña séguelle, en número de casos activos, a de Vigo, que ten este domingo 83, dous máis que o sábado. Pola súa banda, en Lugo constan 74 casos –cinco menos que os 79 de hai un día–; en Pontevedra son 43 –un menos–; en Santiago son 41 –un máis–; en Ourense son tamén 41 –catro máis–; e en Ferrol son sete –un máis–.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...