InicioLugo e contornaLugoA área de Lugo rexistra un caso menos de Covid e baixan...

A área de Lugo rexistra un caso menos de Covid e baixan a 26 os activos do foco da Mariña

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia volve aumentar en 32 con respecto a este xoves e a cifra sitúase en 444 –tras subir en cinco áreas sanitarias–, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee –21 máis que a xornada pasada–, onde hai un gromo relacionado cun ximnasio en Arteixo. Con todo, na área de Lugo segue descendendo o número de contaxiados, especialmente, polas altas do foco da Mariña.

Así se reflicte nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 21 permanecen en unidades de hospitalización convencional –catro máis que este xoves– e dous na UCI –sen cambios–, mentres que 421 atópanse en seguimento domiciliario –28 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 444 casos activos, 177 corresponden á área da Coruña e Cee –21 máis que este xoves–; 72 á de Lugo –un menos–; 78 á de Vigo –tres máis–, 43 á de Pontevedra e O Salnés –dúas máis–; 34 á de Ourense –dúas máis–; 35 á de Santiago –cinco máis– e cinco á de Ferrol –sen cambios–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.381 persoas, 12 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima mortal foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 260.785 fronte ás 258.978 contabilizadas ata este xoves, apuntou Sanidade.

DESCENDEN OS CASOS NA MARIÑA

O número de casos activos relacionados co brote de COVID-19 que afecta á comarca lucense da Mariña descendeu a 26 este venres, tras rexistrarse nove altas, e baixan a 342 os contactos en seguimento –uno menos que a xornada pasada–.

Así o informaron este venres por parte da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e puntualizaron que o número total de PCR realizadas ascende a 5.238, delas 56 na última xornada.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...