InicioSociedadeA Xunta situará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de...

A Xunta situará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo e o de Menores pasará á Audiencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, avanzou este martes que o Xulgado do Social nº4 situarase xunto aos outros tres do Social no edificio xudicial da rúa Armando Durán, unha vez que o Estado autorizou –remarcou–, tras varias peticións da Comisión Mixta entre Xunta e TSXG, a posta en marcha dun cuarto Xulgado do Social na cidade de Lugo este ano.

Alfonso Rueda, acompañado do presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela, do fiscal xefe provincial, Roberto Breznes; da xuíza decana en funcións e titular do xulgado de menores, María Sara Pendás; da secretaria provincial coordinadora, Maria da Carmen Varela Rebolo; e do director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, visitou a Audiencia Provincial de Lugo, onde indicou que alí será recolocado o Xulgado de Menores da cidade.

Segundo explicou, trasladarase o Xulgado de Menores á Audiencia, onde será acondicionado un espazo que agora está diáfano na planta superior, ao carón do Xulgado de Vixilancia penal. Ademais, coa vantaxe de que na Audiencia está a Fiscalía Provincial, que é a encargada de investigar os asuntos de menores infractores.

Os actuais tres xulgados do Social atópanse no edificio xudicial da rúa Armando Durán, pero non existe espazo para o cuarto xulgado do social. Rueda concluíu que, para poder habilitar ese espazo, dáse traslado á Audiencia do Xulgado de Menores, que será acondicionado cunha partida orzamentaria de 75.000 euros para que que, “axiña que o Ministerio de Xustiza permita o arranque deste cuarto xulgado”, todo estea xa listo para que bote a andar canto antes.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...