InicioSociedadeUnha moza garda corentena en Lugo tras confirmarse que está afectada polo...

Unha moza garda corentena en Lugo tras confirmarse que está afectada polo brote da Mariña

O xerente da área sanitaria tranquiliza a poboación: está "controlado" e non se pode falar dunha extensión do brote, xa que esta persoa é considerada parte dos 47 casos do foco ao ter residido na zona durante quince días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O brote detectado hai máis dunha semana na Mariña lucense non se estendeu a outras zonas da provincia e por agora “está controlado”, segundo afirmou o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares. Neste sentido, tentou tranquilizar a poboación respecto do caso dunha moza que garda corentena en Lugo tras confirmarse o seu positivo en relación ao brote da Mariña.

Todos os casos “están relacionados co brote na Mariña”, afirmou este xoves, en declaracións a Europa Press, o xerente da área sanitaria. “Eran contactos coñecidos da investigación”, indicou, sobre todo “dos casos estreitos”, abundou Ares.

“En Lugo non hai ningunha extensión do brote da Mariña”, insistiu Ramón Ares para tranquilizar á cidadanía. Así, explicou que a persoa que cumpre corentena na cidade de Lugo “é un contacto dos casos da Mariña” porque estivo os “últimos 15 días residindo alí”, pero agora mesmo está “en Lugo facendo a corentena”.

Respecto diso, todos os seus contactos “están analizados e tamén en corentena”, polo que, afirmou Ares, “é un caso da Mariña e non da cidade de Lugo”. Como tal, considérase parte dos 47 positivos do brote.

Na actualidade, segundo comentou, hai “máis de 500 persoas en corentena” na zona da Mariña lucense, aínda que”é unha cifra moi cambiante” porque “flutúa todo moi rápido”. Hai persoas que xa “están a saír da corentena” do brote inicial, sinalou, “e outras que aínda están a entrar nela”, concluíu o xerente da área sanitaria de Lugo.

O BROTE PASA A ASTURIAS

Con todo, rexistrouse un caso en Asturias dunha persoa procedente da zona da Mariña, que supón o primeiro en 20 días na comunidade veciña, confirmou o goberno do Principado.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...