InicioSociedadeUn estudo do Campus Terra dá pé a un novo material para...

Un estudo do Campus Terra dá pé a un novo material para producir enerxía fotovoltaica

Trátase dunha especie de 'pintura condutora' con nanopartículas de ouro coa que se pode cubrir calquera superficie cun menor custo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha investigación desenvolvida na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC permitiu deseñar un novo material que pode empregarse para a produción da enerxía fotovoltaica.

En concreto, a principal achega das pescudas desenvolvidas neste campo pola tese da profesora da Universidade Nacional de Costa Rica María Lisbeth Jiménez Carrillo consiste no deseño e na caracterización dun material que incorpora á súa composición nanopartículas de ouro e que resulta adecuado para utilizar como recubrimento de calquera estrutura. Segundo explicou a USC, aseméllase a unha ‘pintura condutora’ que posibilita a produción de enerxía eléctrica.

Esta tese constitúe un primeiro chanzo dunha liña de investigación máis ambiciosa, que necesita de novos avances para poder chegar á súa aplicación industrial, segundo explicou o profesor José Fraga López, quen, con todo, subliña que este novo material permite reducir máis da metade os custos de aproveitamento da enerxía solar respecto das tradicionais placas solares.

O material resultante das pescudas realizadas por Jiménez Carrillo no marco da súa investigación de doutoramento presenta “importantes vantaxes” con respecto aos paneis solares fotovoltaicos, xa que se pode aplicar sobre calquera superficie e en calquera lugar. Ademais, este material válido para recubrimentos ten tamén a capacidade de impermeabilización fronte ás inclemencias do tempo, explica o tamén decano da Facultade de Ciencias da USC.

O novo composto obtido é un material illante á vez que condutor, xa que as partículas de ouro están dispersas nunha matriz dun polímero illante semellante aos pegamentos comerciais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna con impacto de bala no marco dunha liorta...

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...