InicioSociedadeSancionadas cinco persoas que viaxaban en coche pola cidade sen a máscara

Sancionadas cinco persoas que viaxaban en coche pola cidade sen a máscara

O seu uso é obrigatorio cando os ocupantes do vehículo non conviven baixo o mesmo teito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron cinco persoas que viaxaban en coche pola cidade sen levar a máscara de protección, obrigatoria cando no vehículo van persoas que non conviven baixo o mesmo teito.

Segundo informou a propia Policía Local, onte establecéronse varios filtros de seguridade en Lugo para velar polo cumprimento das medidas decretadas polo Goberno para executar o proceso de desescalada do estado de alarma. Neses controis, levantáronse cinco actas por infraccións da Lei de Protección da Seguridade Cidadá, ao comprobar que “cinco ocupantes de vehículos viaxaban sen utilizar a máscara de protección”, a pesar de que “non convivían” no mesmo domicilio.

Ademais, neses filtros de seguridade, co apoio dun vehículo policial equipado cun radar, os axentes cursaron once denuncias a outros tantos condutores por exceder o límite de velocidade. Un dos coches circulaba a 87 km/hora nunha vía limitada a 50.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...