InicioSociedadeUn só paciente ingresado con COVID-19 en Lugo, onde as mortes subiron...

Un só paciente ingresado con COVID-19 en Lugo, onde as mortes subiron a 28

Os casos activos mantéñense en 39 na provincia. No conxunto galego, hai un único doente nas UCI e as altas epidemiolóxicas xa superan as 10.000.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 3 de xuño un total de 39 casos activos, os mesmos ca na xornada de onte. Porén, a estabilidade na cifra agocha unha baixa por falecemento e un novo caso activo. En canto á situación nos hospitais, tan só un paciente de COVID-19 segue ingresado en toda a provincia.

Trátase dunha persoa que está a ser atendida nunha unidade de hospitalización en planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Na actualización de datos que ofrecía onte a Consellería de Sanidade, figuraba tamén un paciente na Unidade de Coidados Intensivos, pero á última hora da tarde informábase da morte desta muller, de 76 anos. Con ela, xa son 28 as vítimas mortais da pandemia en Lugo.

Pola súa parte, son 38 as persoas con positivo en coronavirus que permanecen baixo atención hospitalaria a domicilio: unha máis ca as confirmadas o pasado martes 2 de xuño.

Á súa vez, o Sergas contabiliza 883 curacións na área sanitaria. En base aos criterios oficiais, considérase que un paciente superou o coronavirus cando dá negativo nun novo test PCR ou cando non presenta síntomas pasado un tempo prudencial.

GALICIA

A Consellería de Sanidade refire 678 casos activos no conxunto galego (-29 respecto de onte). Só un paciente permanece nas unidades de críticos. Outros 28 están hospitalizados en planta e 649 en domicilio. Supéranse as 10.000 altas epidemiolóxicas e rexistráronse 617 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...