InicioSociedadeLugo e a CHMS desbloquean o Plan Paradai máis de vinte anos...

Lugo e a CHMS desbloquean o Plan Paradai máis de vinte anos despois do seu comezo

Investirán 650.000 euros para minimizar o risco de inundacións no río Rato ao seu paso pola zona da rotonda de Paradai.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil sentaron este luns as bases para desbloquear o Plan Paradai, o que permite que se poida avanzar para a súa finalización 21 anos despois de que o Consistorio lucense e a Xunta asinasen o primeiro convenio co fin de unir os barrios de Paradai e As Gándaras.

Nunha rolda de prensa virtual, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da confederación, José Antonio Quiroga, acordaron investir 650.000 euros nunha actuación que reducirá o risco de inundación do Río Rato ao seu paso pola rotonda que une Serra de Meira co viario da ponte de Paradai.

Segundo manifestou a rexedora lucense, “é necesario dar pasos para impulsar o desenvolvemento urbanístico” e promover así, segundo manifestou, “o Plan Paradai” porque Lugo “non se pode permitir non evolucionar cara a unha cidade verde, sustentable e ben comunicada“.

O desbloqueo deste luns, co convenio asinado “é unha gran noticia a pesar de que ten un sabor agridoce”, abundou, xa que o Plan Paradai iniciouse hai 21 anos, como comentou a alcaldesa lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...