InicioSociedadeUnha biotecnolóxica lucense verificará se a desinfección en locais comerciais é eficaz

Unha biotecnolóxica lucense verificará se a desinfección en locais comerciais é eficaz

Un selo de calidade garantiría a boa hixiene do establecemento. A compañía AMSlab tamén ofrece ao mercado veterinario probas PCR para detectar o coronavirus en animais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A compañía biotecnoloxócia AMSlab, con sede en Lugo, lanza COVID-19 Control System, un novo servizo de análise para detectar a presenza do virus en todo tipo de superficies e contornas de traballo. É, en resumo, un procedemento que avalía a eficacia dos protocolos de hixiene e desinfección en establecementos comerciais ou laborais para minimizar a posibilidade de contaxio.

A metodoloxía que manexan neste laboratorio lucense  —socio de Bioga— incluiría, en primeiro lugar, a avaliación dos riscos e a elaboración do plan de actuación polo cal se definen as zonas a analizar e a frecuencia de mostraxe (en función do sector, tipo de negocio, local…).

Unha vez recollidas e analizadas as mostras coa técnica RT-PCR, en caso de dar negativas en COVID-19, emitiríase un informe e selo que garante que o protocolo de limpeza e desinfección utilizado foi efectivo no día e hora indicados. Ese selo incluiría un código QR que rexistra toda a información relativa ao informe de resultados.

Segundo explican dende o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias de Vida (Bioga), este servizo está dirixido a todo tipo de industria, comercios, establecementos ou espazos que xeren máis risco por mor da concentración de persoas. Tamén sería útil, aseguran, para a industria alimentaria, laboratorios de alimentos e consultoras de Análises de Perigos e Puntos de Control Crítico (APPCC).

“É un valor engadido para garantir que os protocolos de limpeza e desinfección que utilizan os establecementos son efectivos e que as instalacións son seguras tanto para empregados como para clientes e provedores“, asegura Manuel Lolo, CEO de AMSlab, quen engade que os usuarios deste novo servizo “transmiten confianza e seguridade xa que seguen un protocolo de limpeza e desinfección e ademais realizan verificacións periódicas para detectar a posible presenza de COVID-19″.

COVID-19 EN ANIMAIS

Ademais, logo de que en España se detectara o primeiro contaxio por coronavirus nun gato, esta compañía lembra que os casos de transmisión de humanos infectados a animais de compañía son illados. Aínda así, admiten que existen evidencias clínicas que confirman que é posible esta circunstancia, aínda que moi remota.

De todas as maneiras, ante “a crecente demanda por parte do sector veterinario”, AMSlab tamén ofrecerá un novo servizo de diagnóstico de COVID-19 en animais por medio dun test PCR. Recoméndana só se se cumpren varios requisitos: que a mascota viva cunha persoa que dera positivo en coronavirus; que xa se lle realizaran ao animal probas para detectar as patoloxías máis comúns e que foran descartadas; e que a mascota presente síntomas asociados á COVID-19.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...