InicioSociedadeSó o 2,3% da poboación de Lugo xerou anticorpos contra o coronavirus

Só o 2,3% da poboación de Lugo xerou anticorpos contra o coronavirus

A media española de persoas que superaron o virus e desenvolveron anticorpos sitúase no 5%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O estudo de seroprevalencia realizado polo Ministerio de Sanidade revela que só o 2,1% da poboación galega superou a infección por coronavirus e xerou anticorpos, mentres que a media de España se sitúa no 5%. A análise, que ofrece resultados por provincias, amosa que a porcentaxe de poboación lucense con anticorpos non supera o 2,3%.

Galicia é a cuarta comunidade con menor por porcentaxe de poboación con anticorpos.  Só hai cifras máis baixas en Murcia (1,4%), Canarias e Asturias (ambas co 1,8%). No outro extremo atópanse Madrid (11,3%) e Castela-A Mancha (10,8%).

Estes datos proveñen da primeira onda do estudo de seroprevalencia, no que se realizararon probas a 60.987 persoas. “Achéganos unha radiografía da epidemia do noso país e a conclusión que sacamos é que vén confirmar as hipóteses sobre as que viñemos traballando e nas que se fundamenta o plan de desescaldada”, dixo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, que destacou a colaboración das comunidades autónomas na realización do traballo.

Trátase de estimar a prevalencia de infección da COVID-19 en España mediante a determinación de anticorpos fronte ao virus por comunidades autónomas, provincias, idade e sexo. Para iso, vaise a estudar, en tres ondas, a 90.000 persoas de todas as idades, comunidades e provincias.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...