InicioSociedadeO Concello pide aos veciños que camiñen pola Muralla en sentido anti-horario

O Concello pide aos veciños que camiñen pola Muralla en sentido anti-horario

A pesar de non ser unha cuestión obrigatoria, Rubén Arroxo pediu aos veciños de Lugo "que sigan sendo un exemplo de actuación nesta nova etapa da crise do COVID-19".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade de Lugo, Rubén Arroxo, pediu este sábado aos veciños que realicen deporte ou paseen polo percorrido da Muralla, que o realicen en sentido anti-horario, co obxectivo de evitar as cruces entre eles.

“Trátase dun chamamento cívico á veciñanza, dunha recomendación para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio entre os veciños”, dixo o edil, que aclarou que “ao non ser un deber, o seu incumprimento non se sancionará”.

A pesar de non ser unha cuestión obrigatoria, Rubén Arroxo pediu aos veciños de Lugo “que sigan sendo un exemplo de actuación nesta nova etapa da crise do COVID-19”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...