Home Lugo e contorna Lugo activa a pasarela sobre a N-VI e aproba a licenza para o supermercado en Infanta Elena

Lugo activa a pasarela sobre a N-VI e aproba a licenza para o supermercado en Infanta Elena

0
Lugo activa a pasarela sobre a N-VI e aproba a licenza para o supermercado en Infanta Elena
Ubicación da pasarela peonil sobre a N-VI, a carón do Anxo Carro | Concello de Lugo

O Concello de Lugo aprobou, nunha xunta de goberno celebrada de forma telemática, o expediente para a construción da pasarela sobre a estrada N-VI, licitada o pasado mes de febreiro.

A empresa adxudicataria trasladou a súa conformidade ao Concello para iniciar, o máis axiña posible, as obras desta pasarela moi demandada por todos os lucenses, sobre todo por aqueles afeccionados ao fútbol que teñen que cruzar a estrada nacional cada vez que acoden ao estadio Anxo Carro para ver os partidos do Club Deportivo Lugo.

A rexedora lucense, Lara Méndez, manifestou “o firme compromiso” do goberno local de renovar toda a actividade en canto sexa viable. Segundo Méndez, este é só un dos exemplos que corroboran que, desde o Consistorio, está “a desenvolverse sen descanso un intenso labor administrativo” que permitirá concluír procesos “transcendentais” para a cidade lucense.

O MERCADONA EN INFANTA ELENA

Ademais, na sesión deste xoves deuse o visto e prace a un total de 17 licenzas urbanísticas co obxectivo, segundo a rexedora, “de que o sector da construción poida avanzar tamén na súa recuperación”.

Entre os expedientes máis destacados, figura a creación dun supermercado, da compañía Mercadona, na Avenida Infanta Elena, cun orzamento de dous millóns e medio de euros. Tamén se contempla a ampliación doutra superficie comercial na Avenida da Coruña por valor de máis dun millón de euros.

En materia de persoal validáronse as propostas para o nomeamento de sete prazas de Policía Local, catro por concurso interadministrativo e outro tres de oposición libre.

+ posts