InicioSociedadeLugo xa roza os 650 positivos por coronavirus, con 21 casos activos...

Lugo xa roza os 650 positivos por coronavirus, con 21 casos activos máis

Esta repunta de casos detectados non se traduce nunha maior presión hospitalaria, onde só oito persoas permanecen nas Uci e 24 están ingresados en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 24 de abril un total de 647 casos activos por coronavirus, o que supón un incremento de 21 respecto da xornada de onte, cando había 627. Segundo datos da Consellería de Sanidade, aumentan os pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (+1 no HULA), pero segue baixando a presión nas plantas de hospitalización, con 24 doentes (-2).

Os 21 novos casos detectados correspóndense cos 21 pacientes que engrosaron a listaxe de persoas que contan con atención hospitalaria a domicilio. En total, hai 615 persoas contaxiadas que permanecen nas súas casas.

Mantéñense invariables a cifra de altas (128) e a de falecementos (26) rexistrados ata o día de hoxe.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública de la Consellería de Sanidade informa tamén de que o número de persoas contaxiadas en Galicia aumenta en 57, ata os 6.704 casos. O incremento das altas tramitadas case supera a variación dos casos activos, e é que xa se recuperaron 1.730 persoas (+54 respecto do xoves). As mortes están a piques de alcanzar as 500, con 498 pacientes finados.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...