InicioSociedadeGalicia Baleira denuncia o "abandono" dos maiores do rural durante esta crise

Galicia Baleira denuncia o “abandono” dos maiores do rural durante esta crise

Esta plataforma, na que está integrada a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, insta a reformular o modelo de atención ás persoas da terceira idade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Galicia Baleira reclama o “reequilibrio” territorial entre a cidade e o rural, así como plans de acompañamento para os máis maiores que durante esta crise sanitaria estiveron “abandonados“.

Este colectivo integrado por asociacións de veciños e as federacións provinciais de asociacións de veciños de Lugo e Ourense aseguran que a situación de alarma que desatou a pandemia de coronavirus debe “facernos reflexionar sobre a asistencia á terceira idade” que existe na Comunidade.

Este xoves explicaron nun comunicado que gran parte dosnosos maiores están “sumidos no maior dos abandonos”. “Moitos viven sós, sen ter con quen conversar un intre ao día, ás veces sen comida ou con escaseza de alimentos, nalgúns casos están enfermos e non hai ninguén que lles atenda”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...