InicioSociedadeDeteñen un home de 31 anos por violencia de xénero tras o...

Deteñen un home de 31 anos por violencia de xénero tras o aviso duns veciños

Os axentes acudiron ao domicilio indicado, en Lugo, logo de que alertaran unha forte discusión e golpes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un home de 31 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero contra a súa parella tras recibir a alerta dunha veciña que escoitou a pelexa.

Segundo informou o Concello de Lugo, os feitos ocorreron ás 23:00 horas do martes nunha vivenda da rúa Aceroleiro, na que os veciños escoitaban unha forte discusión e golpes. Recibida a alerta, os axentes presentáronse no domicilio. Foron recibidos por unha muller que “choraba”, estaba “nerviosa” e tiña a cara “colorada” pero que asegurou que tal cousa  “non pasara no seu domicilio”.

Segundo o relato policial, aínda que inicialmente asegurou que estaba soa, unha vez que os axentes lle pediron autorización para acceder ao interior do domicilio, a muller manifestoulles que estaba acompañada pola súa parella.

Ante estas cuestións e “ao haber suficientes indicios dun presunto delito”, a Policía Local procedeu á detención do individuo e ao seu trasladado a dependencias policiais, onde se instruíron as correspondentes dilixencias.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...