InicioSociedadeUn sanitario de Lugo dá positivo tras usar unhas máscaras defectuosas

Un sanitario de Lugo dá positivo tras usar unhas máscaras defectuosas

As probas realizadas polo Sergas amosan tamén que outros cinco profesionais son inmunes, seguramente por ter superado xa o virus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Os test realizados polo Servizo Galego de Saúde aos profesionais sanitarios que utilizaron unha partida de máscaras defectuosas destaparon un caso positivo na provincia de Lugo. Ademais, os resultados doutros cinco sanitarios deron con IgG positivo, algo que indica que están inmunizados fronte ao virus porque probablemente xa pasarían a enfermidade.

Segundo informou o propio Sergas, desenvolvéronse 160 probas entre os sanitarios da provincia. Déuselles prioridade a aqueles que traballaron en áreas con pacientes de COVID-19 e a aqueles “que usaron as máscaras remitidas polo Ministerio de Sanidade” e que posteriormente foron retiradas ao informar o Goberno de que non cumprían coa normativa axeitada.

Tras recibir os resultados, só un profesional aparece contaxiado, mentres que outros cinco xa desenvolveron anticorpos, seguramente por ter superado xa o virus.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...