InicioSociedadeUn octoxenario que estaba no HULA é a vítima número 24 da...

Un octoxenario que estaba no HULA é a vítima número 24 da pandemia en Lugo

Galicia rexitra 463 vítimas mortais pola pandemia da COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pandemia da COVID-19 xa deixou 24 vítimas mortais na provincia de Lugo ata o día de hoxe. O último produciuse nas últimas horas e correspóndese co dun home de 82 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, a área sanitaria rexistraba este luns 20 de abril un total de 605 casos activos por coronavirus, dez máis ca onte. A gran maioría dos novos positivos permanecen en atención domiciliaria, cun total de 564 pacientes deste tipo, aínda que tamén se incrementou o número de doentes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (+1).

En Galicia, o número de mortes por coronavirus xa chega ás 463. Nas últimas horas, tamén se soubo do falecemento dun varón de 75 anos que estaba no Chuo de Ourense e dunha muller de 87 no Chuac da Coruña.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...