InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo recibiu 445 quilos de carne para as persoas...

O Concello de Lugo recibiu 445 quilos de carne para as persoas máis vulnerables

Fademur e Rede Eléctrica doaron tenreira galega de explotacións da contorna para a súa posterior distribución entre as persoas usuarias da Casa da Muller e dos Servizos Sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) e Rede Eléctrica entregaron ao Concello de Lugo 445 quilos de tenreira galega, no marco da iniciativa ‘Alimentos solidarios’, coa que colaboran na xestión da crise sanitaria.

A administración local recibiu 220 quilos de xarrete e outros 225 de entrecosto, que pasarán a repartirse entre as familias con menos recursos e entre aquelas mulleres -e as súas crianzas- usuarias da Casa da Muller e dos pisos de acollida para vítimas de violencia xénero. Serían, en total, unhas 60 persoas.

“Queremos subliñar a importancia desta colaboración polo dobre obxecto que acada, xa que pasa tanto por aportar un ben básico, como é a comida –de gran calidade e valor nutricional- a quen máis o necesita, como por apoiar os produtores locais aos que lles foi adquirida”, destacou a concelleira Ana González.

E é que a carne doada procede de explotacións gandeiras da provincia, especialmente daquelas máis pequenas e dirixidas por mulleres, tan importantes para sustentar o rural, tamén ameazado por esta crise.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...