InicioSociedadeOs positivos por coronavirus baixan aos 589 en Lugo, pero a provincia...

Os positivos por coronavirus baixan aos 589 en Lugo, pero a provincia suma unha nova morte

O pasamento dunha usuaria da residencia de Foz eleva os falecementos por COVID-19 ata os 21. A muller permanecía illada no xeriátrico logo de que o Sergas descartara o seu traslado ao Hospital da Mariña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra unha nova baixada —moi lixeira— no número total de casos activos por coronavirus, ata situarse nos 589 positivos fronte aos 590 do pasado martes. Na outra banda, volve subir a cifra de mortes pola COVID-19 ao falecer unha octoxenaria usuaria da residencia de Foz.

Esta interna era a única con coronavirus que permanecía no xeriátrico, despois de que tres residentes con positivo fosen trasladados á residencia Porta do Camiño (Santiago de Compostela) e unha evacuada ao Hospital Virxe dos Ollos Grandes de Lugo. A finada estaba illada nunha habitación, pois o Sergas descartara o seu traslado ao Hospital Público da Mariña, segundo o equipo directivo da empresa xestora, Clece.

GALICIA

Pola súa parte, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos en Galicia ascende a 6.019, isto é, 46 máis ca no día de onte. A comunidade xa rexistrou 391 falecementos e 1.298 altas. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...