InicioSociedadeO HULA participará nun estudo estatal para medir a incidencia da COVID-19...

O HULA participará nun estudo estatal para medir a incidencia da COVID-19 no persoal dos hospitais

Será un dos cinco complexos hospitalarios de España nos que se desenvolva a análise AMADIICH, en base á cal se emitirán informes sobre a evolución da enfermidade entre os traballadores sanitarios e non sanitarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo participará no estudo nacional ‘AMADIICH’ para analizar a incidencia do coronavirus entre os profesionais sanitarios e non sanitarios que traballan nos hospitais.

O estudo baséase na utilización dunha aplicación chamada ‘Hepitracker’, que permite aos traballadores rexistrar cada día en apenas uns segundos unha serie de campos relacionados co seu desempeño profesional ou exposición con síntomas compatibles coa COVID-19, ademais da temperatura corporal.  Tamén se introducirán os resultados dos test de PCR realizados en cada centro, segundo detalla o Servizo Galego de Saúde nun comunicado.

Con toda esta información xeraranse cada 24 horas informes anónimos e automáticos indicando os grupos con cambios nos síntomas, diagnósticos de sospeita ou confirmación, de forma global e personalizados para cada departamento ou servizo do hospital, así como unha descrición epidemiolóxica. Os datos enviaranse á xerencia da área sanitaria, ao servizo de medicina preventiva e a saúde laboral a través do responsable médico de cada centro.

A duración do estudo estímase en seis meses ou ben ata a data en que se considere finalizado o actual brote de COVID-19, en caso de que iso se produza con anterioridade.

EN CINCO HOSPITAIS DE ESPAÑA

O ‘AMADIICH’ (Estudo de monitoraxe activa e determinantes de infección incidente de COVID-19 en poboación hospitalaria, segundo as súas siglas en inglés) está coordinado polo Hospital de la Princesa e vaise desenvolver de forma inmediata en cinco complexos hospitalarios do Sistema Nacional de Saúde.

Na fase alta da pandemia desenvolverase no propio Hospital de la Princesa; na intermedia, no hospital ICO-Hospitalet, en Barcelona; na de incidencia baixa, no Álvaro Cunqueiro de Vigo, o Lucus Augusti de Lugo, Can Misses en Eivissa e Loja, en Granada.

O Servizo Galego de Saúde avanza que xa se traballa nun programa similar para os profesionais de atención primaria.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...