InicioSociedadeO balance de contaxios nos centros de maiores da provincia: vinte traballadores...

O balance de contaxios nos centros de maiores da provincia: vinte traballadores e nove usuarios con coronavirus

Nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, rexístranse positivos en dez usuarios e doce empregados. O máis afectado é o CAPD de Sarria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os centros de maiores son uns dos lugares máis afectados nestas semanas polo coronavirus, e así o amosan os datos. Na provincia de Lugo, a Consellería de Sanidade contabiliza 20 positivos entre os traballadores e nove entre os usuarios das residencias de anciáns.

Máis en detalle, os casos activos entre os maiores correspóndense cos seguintes: 1 na residencia DomusVi de Chantada, 3 na residencia de Foz, 2 na residencia Betania de Viveiro, 1 na Residencia Virgen de La Luz de Monforte de Lemos e 2 máis na DomusVi desta mesma localidade.

En canto aos traballadores contaxiados, o maior foco está na residencia de maiores de Foz e na DomusVi de Monforte, con 7 e 4 positivos respectivamente entre o seu cadro de persoal. Ademais, hai 1 na residencia de Burela, 1 na de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), 1 na DomusVi de Chantada, 1 na residencia das Gándaras (Lugo), 1 na da Milagrosa (Lugo), 1 na Betania de Viveiro, 1 na residencia San Rafael de Mondoñedo e 2 na Vivenda Comunitaria Avime de Cospeito. 

CASOS NOS CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Por outra banda, a Consellería de Sanidade tamén informa de casos positivos por coronavirus nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da provincia de Lugo. En concreto, estarían afectados dez usuarios e doce empregados. 

O CAPD de Sarria é o máis perxudicado, con 16 persoas contaxiadas entre usuarios e traballadores. A maiores, a Residencia de Dano Cerebral-Cruz Vermella de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei) rexistrou tres usuarios con positivo en Covid-19.

No centro residencial San Vicente de Paul (Lugo), na vivenda tutelada Ágora de Monforte de Lemos e na residencia DomusVi de Bóveda, contan cadanseu caso positivo por coronavirus.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...