InicioSociedadeO Laboratorio de Sanidade Animal de Lugo colabora co HULA na realización...

O Laboratorio de Sanidade Animal de Lugo colabora co HULA na realización de probas do coronavirus

O seu equipo ocupouse, entre outras, de testar as 'vacas tolas' e ten capacidade para triplicar ou cuadriplicar o número de ensaios analizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lapasaga), situado en Lugo, está a colaborar co Hospital Universitario Lucus Augusti na realización dos test diagnósticos para detectar o coronavirus.  

O Lapasaga está a realizar xa para o Servizo Galego de Saúde a fase de extracción de ácidos nucleicos das mostras que lle son enviadas dende o hospital lucense, ademais de poñer a punto o ensaio completo para dispor del cando reciba os kits de amplificación de PCR específicos do Covid-19, que xa foron solicitados. Así, o laboratorio poderá colaborar no diagnóstico coa área sanitaria de Lugo, pero tamén coa de Ourense e Ferrol.

Ademais, nel intégranse tamén os Laboratorios de Sanidade Animal de Mabegondo (A Coruña) e de Salcedo (Pontevedra). Entre os tres, poden triplicar ou cuadriplicar en tres ou catro días o número de ensaios necesarios.

TESTOU RESES DURANTE A CRISE DAS VACAS TOLAS

Este laboratorio, dependente da Consellería de Medio Rural, poderá realizar a técnica completa de diagnóstico dunhas 300 mostras diarias en canto dispoña dos kits axeitados, segundo precisan dende a Delegación Territorial da Xunta. Así e todo, é posible que a cifra de mostras analizadas se multiplique en función do persoal e dos recursos.

Este organismo xa suma máis de trinta anos de servizo durante os que se encargou, entre outras funcións, dos ensaios que permitiron a erradicación da brucelose, o control da encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) –as vacas tolas– e os diagnósticos da lingua azul. Durante a expansión da enfermidade das vacas tolas, chegaron a procesar ata 1.400 mostras de animais sacrificados en matadoiros en doce horas.

O EQUIPO

O Lapasaga conta cun cadro de persoal composto, entre outros, por 29 titulados superiores e 37 analistas e auxiliares de laboratorio, formados especificamente para este tipo de situacións nas que cómpre realizar múltiples análises diarias.

Tamén hai unha unidade de Bioloxía Molecular con todo o equipamento necesario para a realización das técnicas PCR en tempo real que se precisan para os ensaios do Covid-19. Ademais, dispón de tres zonas de nivel P3 de contención de seguridade biolóxica con capacidade para o manexo seguro de mostras de alta capacidade infecciosa.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...