InicioSociedadeCatro anos e sete meses de cárcere para o garda civil de...

Catro anos e sete meses de cárcere para o garda civil de Lugo que maltratou a súa parella

Os maxistrados consideran que o home utilizou bases de datos do instituto armado para obter información persoal da muller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un axente da Garda Civil a catro anos e sete meses de cárcere e a outros seis anos de inhabilitación por delitos de malos tratos, violencia habitual e ameazas continuadas contra a súa parella.

Diso informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que explica que a audiencia, que tamén condena ao home por un delito de descubrimento e revelación de segredos, tivo en conta á hora de ditar a pena a agravante de parentesco e as atenuantes de reparación do dano e de dilacións indebidas.

Ademais, tamén se lle impuxo seis anos de privación do dereito á tenencia e porte de armas e a prohibición de comunicarse por calquera medio e aproximarse á vítima durante doce anos.

OS FEITOS

Na sentenza, os maxistrados indican que o acusado e a denunciante mantiveron unha relación sentimental que durou meses ata finais de setembro de 2015. Precisamente, antes desa data e durante unha discusión que tivo lugar no interior dun vehículo oficial, o home tiroulle do pelo e propinoulle unha puñada na perna esquerda á muller que, por mor da agresión, decidiu pór fin á relación.

Os xuíces destacan que, desde a ruptura, o acusado envioulle múltiples mensaxes ao seu móbil “con ánimo de infundirle medo”. Ademais, apuntan que, desde o 17 de xullo de 2015 ata o 16 de xullo de 2016, utilizou as bases de datos da Garda Civil para obter información persoal da afectada.

O tribunal subliña que á Garda Civil non lle consta que a denunciante “estea ou estivese relacionada en investigación policial ou xestión algunha que xustifique as consultas efectuadas” e destaca que os datos aos cales tivo acceso o acusado son “reservados de carácter persoal”.

O garda civil acusado de maltratar a súa parella nega os feitos durante o xuízo

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...