InicioSociedadeOs transportistas, os "esquecidos" nesta crise: "Traballamos ata 14 horas e non...

Os transportistas, os “esquecidos” nesta crise: “Traballamos ata 14 horas e non temos onde xantar ou tomar un café”

"O día a día cambiounos ao 200%", relata Jesús, un camioneiro que traballa para Gadis. Nestes día o sector do transporte emprégase arreo para abastecer a cidadanía de produtos básicos. Aseguran que se atopan "desbordados".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo dos transportistas son de capital importancia nun contexto de estado de alarma para evitar o desabastecemento de produtos básicos nesta crise do coronavirus. Ao longo deste días véñense enfrontando a varios problemas que dificultan o seu traballo: o peche de restaurantes, as colas en fronteiras, a falta de protocolos de hixiene nos lugares de recollida e entrega, a escaseza de máscaras e luvas…

Dende a Federación Galega de Transportes (Fegatrans) e a Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Fetram), que analizan as principais dificultades que afrontan as 800 empresas do sector en Galicia, cunha frota de ao redor de 20.000 camións, levan esixindo durante este tempo de confinamento a apertura de lugares seguros con comedores para os camioneiros. Critican, igualmente, as longas xornadas de traballo ás que fan fronte moitos dos traballadores do sector. “Unha bomba de reloxería na estrada”, adverte o presidente de Fetram, Antonio Señarís. “Estamos totalmente esquecidos”.

“NON DAMOS FEITO”

Jesús é un camioneiro que traballa para a cadea de supermercados de Gadis. Recoñece que nestes momentos se atopan “desbordados”. “Non se dá feito”. Agora a demanda comeza a normalizarse, mais volvéronse “tolos” aquela primeira semana en que a necesidade de abastecemento foi constante e abrumadora.

Aínda que parece que as augas volven ao rego, o certo é que os traballadores deste sector seguen facendo longas xornadas laborais para chegar a repartir a mercancía en todos os supermercados. “Se antes traballabamos seis ou sete horas ao día durante seis días á semana, agora estamos en 12, 13, 14 horas diarias… e quitáronnos tamén o descanso do fin de semana“, explica Jesús. “Aumentaron a frota pero aínda así non se dá feito”.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...